- Ámbito
- Lugo
- Data
Encontro de convivencia con estudantes do IES da Terra Cha José Trapero Pardo no que houbo deporte, actividades e xogos adaptados.

O mes de abril acolleu a 1ª Xuntanza Inclusiva de Dano Cerebral Lugo. Un encontro no que as persoas con dano cerebral da asociación se atoparon co alumnado de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria do IES da Terra Cha José Trapero Pardo, de Castro Riberas de Lea -a carón de Lugo.
Na xornada houbo diferentes actividades e xogos adaptados como os aros, o farol de cego, dinámicas de preguntas e coñecementos xerais do estilo 'Pasapalabra', petanca, adiviñar a palabra secreta, voleibol...
Dano Cerebral Lugo agradece especialmente ao Concello a cesión das instalacións, e á adestradora do Club Voleibol Emevé pola súa colaboración na actividade.
A intención é repetir esta actividade, que serve para o intercambio de experiencias e para difundir o coñecemento social sobre o dano cerebral adquirido, así como para concienciar á poboación máis nova arredor da dimensión desta discapacidade.