- Ámbito
- Lugo
- Data
A asociación celebra cada fin de curso un encontro no que persoas usuarias, familiares e persoal técnico comparten xantar campestre.
O mes de xullo acolleu a celebración do tradicional pícnic anual co que Dano Cerebral Lugo despide o curso antes do parón de verán.
Foi unha agradable e especial xornada compartida polas persoas usuarias da entidade, familiares, e todo o persoal técnico, e tivo lugar nas beiras do Miño desde a hora do xantar.
Ademais da comida e sobremesa, Dano Cerebral Lugo organizou unhas partidas de boccia, un deporte moi apreciado polas persoas con dano cerebral, que pasaron un anaco cheo de espírito deportivo.
Os meses de xullo e agosto adoitan ser de descanso. Aínda que as vacacións só duren un mes, o ritmo rebáixase e comezan a cargarse as pilas para volver en setembro a pleno rendemento.