- Ámbito
- Lugo
- Data
As sesións informativas reservan un tempo para falar do deporte adaptado e presentar a boccia ao alumnado.
En colaboración coa Fundación Breogán, o club de baloncesto local, Dano Cerebral Lugo acudiu a varios centros educativos da cidade para achegar unha pequena sesión teórica sobre discapacidade, reforzando a acción de sensibilización da entidade deportiva.
Durante as sesións informativas Dano Cerebral Lugo explica que é a discapacidade e, en concreto, que é o dano cerebral adquirido, así como as súas posibles secuelas.
A información teórica compleméntase achegando ao alumnado unha introdución sobre o deporte adaptado, presentando a boccia. Presentan as súas normas básicas de xogo, como preparación para un encontro deportivo que vai ter lugar na primeira semana de marzo.