- Ámbito
- Galicia
- Data
A seguridade e saúde no traballo contribúen a evitar as causas de dano cerebral adquirido como o ictus ou os accidentes de tráfico que provocan traumatismos.
Os ictus producen case a metade das mortes no traballo. Estrés e malos hábitos relacionados co desenvolvemento da actividade profesional son factores de risco desa doenza. Ademais, os traumatismos derivados tanto da propia actividade laboral como dos accidentes de tráfico, traballando ou in itinere, son causa de dano cerebral adquirido.
Por estes motivos, Dano Cerebral Galicia abriu unha liña formativa dirixida especificamente ao ámbito empresarial, a través da que ofrecemos a calquera compañía interesada a posibilidade de organizar un obradoiro de prevención dirixido ao seu persoal. Este obradoiro é de balde, ten unha hora e media de duración, e adáptase ás necesidades horarias da empresa.
A formación ofertada considérase de vital importancia para as empresas, xa que responde á necesidade de mellorar as condicións de seguridade e saúde no traballo. Durante o obradoiro explícanse as causas do dano cerebral adquirido, como reaccionar no caso de que se presenten, e cales son os recursos de apoio que poden dar resposta ás necesidades que xorden cando chega a discapacidade adquirida.
Para solicitar un obradoiro só é preciso escribir a traballosocial@danocerebralgalicia.org ou chamar ao 652 770 653.