- Ámbito
- Santiago de Compostela
- Data
A Federación está seleccionada na categoría de Asociación de Pacientes; a entidade galardoada coñecerase este xoves.

Este xoves, 13 de marzo, a partir das 17:30, coñecerase que persoas, iniciativas e entidades resultan galardoadas nos V Premios á Sanidade de Galicia, que convoca a revista Redacción Médica.
Dano Cerebral Galicia está nominada na categoría de Asociación de Pacientes xunto con a Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas (Fegerec), a Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia (ASANOG), a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR) e Alcer Galicia.
Ademais desta, os premios inclúen outras 13 categorías, como acción sanitaria, farmacéutica, médica, ou sociedade científica. A relación completa de nominacións pode consultarse aquí.
O acto de entrega dos V Premios á Sanidade de Galicia, no que se coñecerán as entidades galardoadas, vaise desenvolver o xoves, a partir das 17:30, en Santiago de Compostela.