- Ámbito
- Santiago de Compostela
- Data
Trátase dun posto de traballo temporal, dun ano de duración, ao 75% da xornada laboral, vinculado aos programas de Cooperación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Dano Cerebral Galicia vén de abrir a convocatoria dunha oferta de emprego de traballador/a social, un posto a desenvolver na súa sede de Santiago de Compostela.
O contrato é temporal, dun ano de duración, con incorporación no mes de decembro, e está vinculado aos programas de Cooperación que subvenciona a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Este posto ocupa o 75% da xornada laboral (horario de luns a xoves de 8:30 a 14:30, e os venres de 8:30 a 13:20, con flexibilidade) segundo o establecido no XVI Convenio Colectivo de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade.
Requisitos
É imprescindible estar inscrito/a como demandante de emprego non ocupado/a no Servizo Público de Emprego de Galicia e non ser sido contratada con cargo ás axudas das ordes TR352A 2022, 2023 ou 2024 por un período igual ou superior a 180 días.
Tamén contar coa titulación universitaria en Traballo social, especialización ou formación complementaria en discapacidade, experiencia mínima dun ano en entidades sociais ou sociosanitarias, ter dispoñibilidade para mobilidade xeográfica en Galicia e dispor de carné de conducir e vehículo propio.
Funcións principais
As principais tarefas do/a traballador/a social en Dano Cerebral Galicia son a participación no deseño, execución, seguimento e xustificación de proxectos e programas no ámbito do traballo social, orientados á autonomía persoal e social das persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias, e colaborar en accións de sensibilización e concienciación sobre esta discapacidade; todo en coordinación cun equipo multidisciplinar de traballo.
Prazos e procedemento
O prazo de recepción de candidaturas está aberto. As entrevistas vanse realizar a partir do 17 de novembro.
A inscrición na oferta pode realizarse a través do apartado 'Traballa connosco' da web, ou directamente desde esta ligazón.
Compromiso coa Igualdade de Oportunidades
Dano Cerebral Galicia promove a igualdade e a non discriminación entre mulleres e homes, así como o respecto á diversidade. Non se tolerarán actitudes discriminatorias nin de acoso.
Anímase ás persoas interesadas a presentar candidaturas anónimas, sen datos identificativos persoais, indicando unicamente un teléfono de contacto.