- Ámbito
- Santiago de Compostela
- Data
Trátase dunha contratación por un ano no marco da iniciativa de inserción laboral que promove a Consellería de Emprego da Xunta de Galicia.
Dano Cerebral Galicia vén de incorporar, esta semana, un novo membro ao seu equipo. Trátase da traballadora social Ainhoa Vieites, que formará parte do cadro de persoal da Federación durante un ano.
Dentro das súas tarefas atópanse as de participar en actividades de información, orientación e sensibilización, así como a formulación, execución e seguimento de proxectos destinados á concienciación e visibilización do dano cerebral adquirido ao longo de 2026. Unha das súas primeiras accións foi a participación, esta mañá, no Recuncho cerebrosaudable que colocamos no centro de saúde de Silleda en colaboración coa AGEFEC.
A súa chegada coincide coa marcha da anterior traballadora social, María Gosende, e da educadora social, Tsion Piñeiro, contratadas no marco da mesma iniciativa de inserción laboral: os Programas de cooperación para o fomento do emprego en entidades sociais da Consellería de Emprego.
Coa nova traballadora social o equipo técnico da Federación pasa a estar composto por oito persoas: dúas na área de Administración, unha na de Comunicación, e catro na de Proxectos -á que se incorpora Ainhoa Vieites-, ademais da Dirección.