- Ámbito
- Santiago de Compostela
- Data
As contratacións, por un ano, enmárcanse nos Programas de cooperación para o fomento do emprego en entidades social da Consellería de Emprego.
Dano Cerebral Galicia vén de incorporar, esta semana, dúas novas profesionais ao seu equipo: unha traballadora social, María Gosende Blanco, e unha educadora social, Tsion Piñeiro Novoa.
As dúas contratacións prodúcense no marco dos Programas de cooperación para o fomento do emprego en entidades social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cuxa duración é dun ano, ao 75% da xornada laboral.
As dúas novas incorporacións pasan a formar parte do equipo técnico multidisciplinar da Federación, e desenvolverán o seu labor no deseño, execución, seguimento e xustificación de proxectos en cadanseu ámbito de traballo, ademais de participar e coordinar, se así o requiren, as accións de sensibilización, información, visibilización e concienciación sobre o dano cerebral adquirido que veñan determinadas polo Plan Estratéxico e o seu desenvolvemento operativo ao longo de 2025.
A chegada das novas compañeiras coincide coa marcha de Tania Losada Figueroa, quen no marco da mesma convocatoria de subvención, acompañounos durante o último ano, amosando gran profesionalidade e compromiso no seu traballo en defensa da mellora da calidade de vida e da garantía dos dereitos das persoas con dano cerebral desde a área de educación social. Tanto a Xunta Directiva como o equipo técnico de Dano Cerebral Galicia desexámoslle a maior das sortes.