- Ámbito
- Madrid
- Data
Mónica García anunciou un estudo da codificación de diversas patoloxías, entre elas as que causan a nosa discapacidade.
O pasado 23 de decembro, representantes de Daño Cerebral Estatal mantiveron unha reunión coa ministra de Sanidade, Mónica García Gómez, e o seu equipo, para abordar melloras chave na atención ás persoas con dano cerebral adquirido.
Durante o encontro, Daño Cerebral Estatal trasladou a necesidade de crear un código específico á alta hospitalaria para persoas con dano cerebral adquirido, unha medida fundamental para garantir a continuidade asistencial e unha atención sociosanitaria adecuada trala fase hospitalaria.
A ministra mostrou unha actitude empática e receptiva perante as dificultades que afrontan as persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias, e anunciou que, a comezos de 2026, o Ministerio ten previsto realizar un estudo da codificación de diversas patoloxías, entre as que se atoparían aquelas que identifican á nosa discapacidade, para coñecer a diferente casuística do dano cerebral e, máis adiante, poder elaborar un atlas sanitario que permita identificar boas prácticas en atención sociosanitaria nas comunidades autónomas e favorecer a súa implantación en todo o territorio, avanzando cara unha atención integral nas fases aguda, subaguda e crónica.
Na reunión participaron José Manuel López Rodríguez, director de Gabinete da ministra de Sanidade; Mónica García Gómez, ministra de Sanidade; Ana Cabellos Cano, presidenta de Daño Cerebral Estatal; Paloma Pastor, presidenta da Fundación Sin Daño; e Libertad Martínez, directora de Daño Cerebral Estatal.
Información e imaxe de Daño Cerebral Estatal.