- Ámbito
- Madrid
- Data
Participaron na elaboración Leticia Vila, directora de Dano Cerebral Galicia, e Noelia Parente, educadora social da asociación de Santiago.
Daño Cerebral Estatal publicou un novo Caderno Técnico sobre dano cerebral, titulado Construíndo futuro: xestión de recursos de vida independente e benestar para as persoas con DCA e as súas familias. Este material ofrece unha análise profunda sobre a importancia de garantir o dereito á vida independente e a autodeterminación para mellorar a calidade de vida e a inclusión social das persoas con discapacidade. É dicir, garantir que se poida ter o control sobre as decisións diarias e contar cos apoios necesarios para logralo.
A publicación ten unha estrutura por capítulos, na que se aborda:
- Marco conceptual e filosófico en torno ao concepto de autonomía persoal e vida independente.
- Disciplinas especializadas na promoción da autonomía e a promoción da vida independente.
- Metodoloxía de programas de promoción de autonomía e vida independente dentro do Movemento Asociativo Dano Cerebral, e recursos orientados a este fin.
- Experiencia de tres entidades do Movemento Asociativo Dano Cerebral (entre elas, Dano Cerebral Galicia) na realización de proxectos cuxo fin principal é a promoción da vida independente.
- Modelos de documentos de utilidade para a xestión de proxectos de promoción da autonomía persoal e a vida independente.
Este caderno realizouse durante o ano 2024 a través do programa 'Avanzando en DCA: xeración de coñecemento na promoción da autonomía persoal e vida independente das persoas con Dano Cerebral Adquirido e as súas familias', financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e coa colaboración de Fundación ONCE. Este programa reúne a profesionais do Movemento Asociativo de Dano Cerebral co obxectivo de intercambiar coñecementos, recibir formación e acordar protocolos e boas prácticas en diferentes áreas de atención ao DCA.
O traballo deste caderno foi coordinado a nivel técnico por Itziar Sanz, responsable de proxectos da asociación Daño Cerebral Castilla-La Mancha e Laura García Sanz, terapeuta ocupacional e coordinadora durante os anos 2018-2024 da Vivenda Tutelada para mocidade con dano cerebral sobrevindo, que xestiona a devandita asociación. Ademais, realizáronse grupos de traballo formados por profesionais das entidades: Asociación Ictus de Aragón, Daño Cerebral/Garuneko Gatiza Araba, ADACEA Tenerife, Daño Cerebral ASDACE Salamanca, Trace Catalunya, Daño Cerebral Andalucía, Daño Cerebral ADACEMA Málaga, Daño Cerebral Granada, Daño Cerebral Jaén, Daño Cerebral Sevilla, Daño Cerebral ADACEA Alacante, Daño Cerebral Valencia, Daño Cerebral Ateneu Castelló, Dano Cerebral Galicia, Dano Cerebral Santiago de Compostela, Daño Cerebral Castilla-La Mancha e Daño Cerebral Estatal.
- Descarga aquí o Caderno
- Descarga aquí o Caderno en lectura fácil