- Ámbito
- Madrid
- Data
Organizaron unha gala na que se recontaron os retos e se salientaron os avances, como o Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral Adquirido en Galicia.
Se as asociacións máis decanas de Galicia fan este 2025 cinco lustros de vida, a nosa federación estatal cumpre 30 anos de traballo polo colectivo do dano cerebral adquirido. Daño Cerebral Estatal quixo celebrar 30 anos de historia cunha gala que levou por lema '30 años construyendo dignidad'.
A gala repasou os retos pendentes para o colectivo, salientando os seguintes:
- acceso ao emprego
- desenvolvemento da asistencia persoal
- coordinación territorial
- atención ao dano cerebral infantil
- código diagnóstico á alta hospitalaria
E tamén se salientaron os avances. Entre eles, e como paso previo ao código diagnóstico, o Proceso Asistencial Integrado (PAI) do Dano Cerebral Adquirido en Galicia, presentado pola que foi directora da Federación galega, Begoña Hermida, que participou no proceso de elaboración do PAI.
A este respecto, Jesús Martín Blanco, director xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade, que recolleu o recoñecemento outorgado ao Real Padroado sobre Discapacidade, afirmou que o "código á alta" será unha realidade moi pronto.
Ademais dese galardón, entregáronse outros tres á Fundación ONCE, á Fundación Atresmedia e a María José González "pola súa traxectoria e pulo do movemento asociativo".
Daño Cerebral Estatal publicou un resumo en vídeo que se pode ver a seguir: