- Ámbito
- A Coruña
- Data
A plataforma de conversa facilita o contacto entre persoas que queren practicar castelán e outras que buscan unha boa charla.

Dano Cerebral A Coruña ADACECO e Senior Lingua iniciaron unha colaboración que busca poñer en contacto a estudantado estranxeiro con persoas usuarias, familiares e socias da entidade.
Senior Lingua é unha plataforma creada para unir a persoas maiores en posible risco de soidade non desexada e con gana de parola, con estudantes que estean aprendendo castelán, e que precisen un reforzo a nivel de conversa.
No caso das persoas de Dano Cerebral A Coruña, a través de videochamadas seguras e amenas, promóvense conversas en castelán entre estudantes adultos/as e persoas maiores que queiran practicar a lingua e gozar dunha boa charla.
Ademais de reforzar a competencia lingüística do estudantado, esta colaboración ofrece compañía e bos momentos de conversa ás persoas interesadas da entidade, reforzando ao mesmo tempo a súa participación e inclusión social.
Para participar cómpre poñerse en contacto con Dano Cerebral A Coruña ADACECO polas canles habituais para persoas socias e usuarias.