- Ámbito
- Online
- Data
Aínda que é unha formación dirixida a persoal da Universidade da Coruña, quedan algunhas prazas libres para o público xeral.
UDC Saudable é a unidade de vida saudable e benestar da Universidade da Coruña. Desde 2023 compartimos con acordo de colaboración para organizar actividades de promoción da saúde e prevención das causas do dano cerebral adquirido. No marco desas actividades están as de formación.
En principio están dirixidas a persoal docente e administrativo e alumnado da Universidade coruñesa, pero, perante a dispoñibilidade dalgunhas prazas libres, abrimos agora a inscrición para o público xeral.
Estas dúas actividades formativas están organizadas por Dano Cerebral Galicia e UDC Saudable, e contan co financiamento da Deputación da Coruña. Ambas son gratuítas, inclúen o envío dun certificado de superación por correo electrónico, e dispoñibilízanse na modalidade de teleformación a través da escoladanocerebralgalicia.org.
Apoio no fogar de persoas con dano cerebral adquirido
01/10/2026-30/10/2026
50 horas
Inscrición aquí.

Sexualidade e dano cerebral adquirido
02/11/2026-30/11/2026
50 horas
Inscrición aquí.
