- Ámbito
- Vilagarcía de Arousa
- Data
Un dron seguiu ás nadadoras e nadadores para rexistrar as mellores imaxes da proba deportiva.
Un dron seguiu ás nadadoras e nadadores participantes na Travesía a Nado Polo Dano Cerebral, que organizamos o pasado 16 de xullo, coa axuda de Arousaman e do nadador Aitor de Luis, en Vilaxoán.
No vídeo pódense ver as mellores imaxes da proba deportiva e do ambiente na Praia do Preguntoiro, e tamén escoitar aos presidentes de FEGADACE e de Arousaman, así como ás representantes das tres administracións que apoiaron a Travesía: o Xacobeo 21-22, a Consellería de Política Social e Xuventude, e o Concello de Vilagarcía de Arousa.