- Ámbito
- Ourense
- Data
Trátase de dispositivos con luces que se incorporan a través de xogos e retos nas terapias, traballando secuelas físicas e motoras.

Os pods son dispositivos con luces que se empregan en rehabilitación neurolóxica para mellorar a coordinación, o equilibrio, a capacidade de reacción... Aínda que son de utilidade para diferentes disciplinas, en DCA Ourense son as fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais quen máis os incorporan ás súas terapias.
E é que cos pods pódense formular diferentes actividades a modo de retos e xogos que facilitan a participación, especialmente nas últimas sesións do día, cando as persoas están máis cansas e resulta máis complicado concentrarse.
Aínda que se poden usar individualmente ou por parellas, DCA Ourense organiza xogos para tres persoas, nos que se teñen que poñer de acordo, de xeito colaborativo, para apagar a luz da cor que escollan, e así iren sumando puntos.
Grazas a esta actividade as persoas con dano cerebral poden traballar de xeito divertido os cambios de dirección, as freadas, ou o equilibrio dinámico. E finalizar a mañá no centro con ganas e sen preguiza.