- Ámbito
- Online
- Data
Carla Miranda, responsable de Proxectos de Dano Cerebral Galicia, asina a colaboración de setembro coa revista Consumer.
A feminización dos coidados no dano cerebral adquirido é unha tendencia que quedou demostrada co noso estudo, publicado en 2020, titulado 'O coidado informal no dano cerebral adquirido: impacto na saúde e na calidade de vida das persoas coidadoras. Análise en clave de desigualdade de xénero'. A investigación sentou as bases do desenvolvemento posterior de iniciativas para tratar de reducir a fenda de xénero, así como para tentar mellorar a calidade de vida e situación xeral das mulleres coidadoras.
Carla Miranda Iglesias, responsable de Proxectos e traballadora social de Dano Cerebral Galicia, desenvolve estas ideas nun artigo que acaba de ser publicado en Consumer, o dixital de Eroski. Pódese ler aquí: 'Coidar despois do dano cerebral adquirido: unha responsabilidade feminizada'.
A nosa colaboración coa publicación, que ten como lema 'Consumidores ben informados', iniciouse en 2021 e conta cun amplo arquivo nutrido por un artigo cada dous meses. Neles, profesionais de Dano Cerebral Galicia, das asociacións federadas ou doutras entidades colaboradoras, abordan temas como a prevención, hábitos de vida saudable, modelos de vida independente, recursos de atención necesarios, e un longo etcétera.
Pódese consultar o arquivo completo de artigos aquí: Artigos en Consumer.