- Ámbito
- A Coruña
- Data
Este proxecto promove o seu benestar integral mediante espazos de apoderamento e hábitos saudables que fomenten a saúde cerebral e emocional.
Cada martes de xullo, Dano Cerebral A Coruña acolleu sesións de ioga dirixidas ás persoas coidadoras de usuarios e usuarias da asociación.
Trátase dun programa dirixido especificamente a persoas coidadoras maiores de 65 anos e destinado a promover o seu envellecemento activo e a prevención do illamento mediante a participación social, o autocoidado e o apoderamento.
En concreto nesta última liña, co obxectivo de fomentar a saúde cerebral e emocional do colectivo, a asociación de dano cerebral da Coruña organizou esta serie de sesións de ioga. Coa práctica desta disciplina prodúcese unha mellora física e créase un espazo de socialización e mellora da autoestima.
A maioría de coidadoras de persoas con dano cerebral adquirido son mulleres. Cómpre desenvolver proxectos especializados no seu benestar para facilitar o seu descanso e autocoidado. Este, 'Persoas Coidadoras Activas', está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan ‘X Solidaria’ na súa declaración da renda.