- Ámbito
- Galicia
- Data
O ciclo 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema' conta coas colaboracións de tres asociacións de Euroeume e Fademur.
'Fálame de ti', un filme protagonizado por un home que tivo un ictus, poderá verse no mes de abril nas localidades do Grove, Cabanas e A Cañiza no marco da actividade de Cinefórum que organiza Dano Cerebral Galicia.
'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema' é o título da actividade, que este ano organizamos en colaboración con varias asociacións locais e de mulleres rurais que forman parte de Fademur ou de Euroeume, entidades coas que temos convenios de colaboración.
Fálame de ti (Un homme pressé. Hervé Mimran, 2018) conta a historia de Alain, un home de negocios que ten un ictus que lle causa dano cerebral adquirido, vendo afectada a súa memoria e a fala. Na súa rehabilitación coñece a unha logopeda que lle vai axudar a reconstruír a súa vida.
O Grove
A primeira das sesións vai ter lugar no Grove o 9 de abril ás 16:00, no Local Social de Reboredo, en San Vicente do Grove. Colaboran coa organización a Asociación A Lagoa e Fademur. Precisamente, a inscrición tramítase a través do 630 250 955, teléfono da primeira das asociacións.
Cabanas
O día 16 de abril chega a quenda de Cabanas, na que colaboran a Asociación Tarde Piache e EuroEume. A sesión de cinema comeza ás 18:30 e terá lugar na Escola Laica de Cabanas (Avda. Laraxe s/n). Para inscribirse cómpre contactar coa terapeuta ocupacional de EuroEume no 981 440 668 (nº3) ou en terapiaocupacional@euroeume.org.
A Cañiza
Por último, A Cañiza acolle a súa proxección o 29 de abril no Centro Social de Maiores (T. do Mercado, 3). Arrinca ás 17:00, e conta co apoio da Asociación de Mulleres Rurais Axóuxere, do Concello da Cañiza e de Fademur. A inscrición é telefónica no 652 770 653 ou no 881 943 148.
X Solidaria
O ciclo de Cinefórum conta coas colaboracións detalladas e co financiamento da Consellería da Consellería de Política Social e Igualdade, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF -é dicir, que se organiza grazas ás persoas que marcan ‘X Solidaria’ na súa declaración da renda-.