- Ámbito
- A Coruña | Lugo | Ourense
- Data
Impartidas polo noso asesor xurídico, Miguel Vieito, terán lugar nas asociacións da Coruña, Lugo e Ourense entre setembro e outubro.
As asociacións de dano cerebral da Coruña, Lugo e Ourense van acoller un ciclo de sesións informativas abertas sobre os 'Beneficios de obter o grao de discapacidade'.
O traballo da Federación e asociacións de dano cerebral pasa por informar e capacitar á poboación afectada sobre os seus dereitos e recursos dispoñibles. Así, esta sesión monográfica presenta ás persoas e familias con dano cerebral adquirido -e tamén a calquera outra persoa interesada- o abano de posibilidades que oferta a obtención do grao de discapacidade. Algunhas son máis coñecidas, outras non tanto, e con esta charla coñeceranse máis a fondo, garantindo o apoderamento das persoas e familias á hora de exerceren os seus dereitos.
Os beneficios da obtención do grao de discapacidade abranguen os ámbitos estatal, autonómico e municipal, así como as áreas fiscal, laboral, educativo, formativo, de transporte, prestacións, vivenda ou farmacia.
As sesións informativas programadas son tres -A Coruña, Lugo e Ourense-, e estarán impartidas por Miguel Vieito, avogado especializado en discapacidade e asesor xurídico de Dano Cerebral Galicia. Como asesor da Federación, ten impartido diferentes sesións formativas e de sensibilización no ámbito dos dereitos do colectivo, e asinou a Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido. Aproximación á Lei 8/2021e a outras normativas de interese para o colectivo.
A Coruña
- Data e hora: 17 de setembro ás 16:30
- Lugar: Sede de Dano Cerebral A Coruña (As Xubias de Arriba, 15)
- Inscrición: 981 075 259 / 655 824 619
- Colaboran: Dano Cerebral A Coruña e Deputación da Coruña
Lugo
- Data e hora: 28 de setembro ás 17:00
- Lugar: Centro Social Maruja Mallo (Rúa Primavera, 37)
- Inscrición: 982 243 503 / 663 085 391
- Colaboran: Dano Cerebral Lugo e Fundación "la Caixa"
Ourense
- Data e hora: 14 de outubro ás 16:30
- Lugar: DCA Ourense (Rúa Clara Campoamor, 15)
- Inscrición: 664 349 309
- Colaboran: DCA Ourense e Fundación "la Caixa"