- Ámbito
- Galicia
- Data
As sesións van ter lugar entre marzo e abril e nelas falarase das causas, como o ictus, da prevención, das secuelas ou dos recursos de atención.

Dano Cerebral Galicia vai levar a 14 concellos, durante os meses de marzo e abril, unha charla que ten como obxectivos informar sobre as causas -como o ictus ou os traumatismos cranioencefálicos-, describir as secuelas, sensibilizar sobre a prevención, e achegar referencias sobre os recursos de atención ao dano cerebral adquirido (adaptando a cada localidade ou comarca estas recomendacións).
Trátase dunha actividade gratuíta, aberta a todo tipo de público, dunha duración estimada de hora e media, para a que se require inscrición. A continuación pódese consultar toda a información de cada sesión:
- Concello de Bueu | 06/03/2025 | 12:00-13:30 | Centro Social do Mar (Avenida Montero Ríos, 18) | Inscrición no 886 124 816 (Concello de Bueu), no 652 770 653 (Dano Cerebral Galicia), ou neste formulario | Apoiada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns [CANCELADA]
- Concello de Ribadumia | 11/03/2025 | 16:00-17:30 | Auditorio Municipal (Rúa Párroco Valiñas, 16) | Inscrición neste formulario ou no 652 770 653 (Dano Cerebral Galicia) | Apoiada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns
- Concello de Folgoso do Courel | 12/03/2025 | 17:30-19:00 | Salón de Actos do Concello (Praza Manuel Fraga Iribarne, s/n) | Inscricion no 982 433 001 (Concello de Folgoso do Courel)
- Concello do Incio | 13/03/2025 | 16:30-18:00 | Casa do Concello (Praza de España, 1) | Inscricion no 982 427 014 (Concello do Incio) | Apoiada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns
- Concello de Boborás | 17/03/2025 | 16:30-18:00 | Edificio Sociocomunitario Manuel Chamoso Lamas (Rúa Evaristo Riande, 25) | Inscrición no 988 402 008 (Concello de Boborás)
- Concello de Aranga | 18/03/2025 | 11:00-12:30 | Local Anexo ‘Escuelita’ (CEIP La Castellana) | Inscricion no 981 793 590 (Concello de Aranga)
- Concello de Betanzos | 18/03/2025 | 16:30-18:00 | Departamento de Servizos Sociais, con sede no edificio das Antigas Escolas García Hermanos (Praza do Emigrante, 1) | Inscricion no 981 770 707 (Concello de Betanzos) | Apoiada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns
- Concello de Cerceda | 26/03/2025 | 11:30-13:00 | Viveiro de Empresas do Polígono do Acevedo | Inscrición neste formulario ou no 652 770 653 (Dano Cerebral Galicia)
- Concello de Maceda | 28/03/2025 | 11:00-12:30 | Salón de Plenos do Concello (Xardíns Rosalía de Castro, 1) | Inscricion no 988 463 761 (Concello de Maceda)
- Concello de Antas de Ulla | 01/04/2025 | 18:00-19:30 | Salón de Actos da Casa da Cultura (Rúa Miguel Ángel Blanco Garrido, 20) | Inscricion no 982 379 251 (Concello de Antas de Ulla)
- Concello de Mondariz | 03/04/2025 | 16:30-18:00 | Biblioteca Pública Municipal Xoán Xosé Pérez Labaca (Merouces, 18) | Inscrición neste formulario ou no 652 770 653 (Dano Cerebral Galicia) | Apoiada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns [CANCELADA]
- Concello de Vilaboa | 03/04/2025 | 17:00-18:30 | Casa da Cultura de Riomaior, en San Adrián de Cobres (Pazos, 1 A) | Inscrición neste formulario ou no 652 770 653 (Dano Cerebral Galicia) [CANCELADA]
- Concello de Cabana de Bergantiños | 08/04/2025 | 11:30-13:00 | Centro de Maiores (O Balado - Cesullas) | Inscrición no 981 754 020 (Concello de Cabana de Bergantiños)
- Concello da Capela | 08/04/2025 | 18:00-19:30 | Local Social -antigo Centro de Saúde- (As Neves, 33) | Inscrición neste formulario ou no 981 770 653 (Concello da Capela) | Apoiada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns
- Concello de Poio | 09/04/2025 | 16:30-18:00 | Centro Social ‘Casa Rosada’ (A Barca) | Inscrición no 986 872 401 (Servizos Socials de Poio)
- Concello do Irixo | 15/04/2025 | 10:30-12:00 | Casa do Concello (Praza Manuel Penedo, 10) | Inscrición no 988 287 282 (Concello do Irixo)
- Concello de Meaño | 29/04/2025 | 11:30-13:00 | Casa da Cultura (Campo da Feira, 16) | Inscrición neste formulario ou no 652 770 653 (Dano Cerebral Galicia)
Identificación e prevención do dano cerebral adquirido
O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que teñen en Galicia máis de 35.000 persoas e que está causada na maioría dos casos por un ictus ou por un traumatismo cranioencefálico (derivado sobre todo de accidentes de tráfico, pero tamén laborais, golpes, caídas...). A súa incidencia incrementouse nos últimos anos, e continúa a medrar, especialmente polo aumento de casos de ictus.
Ese aumento está motivado tanto polo envellecemento da poboación como polos cambios nos hábitos de vida (peor alimentación, máis sedentarismo, estrés, e moitos outros), ambos factores de risco do ictus. Ademais, o desenvolvemento da atención médica de emerxencias provoca que se salven vidas que continúan, pero con discapacidade adquirida.
Durante a sesión informativa achegaranse recomendacións para a prevención, así como nocións sobre como identificar un ictus, describiranse as secuelas -moitas delas invisibles, como as condutuais, emocionais ou as cognitivas-, detallando as principais necesidades das persoas e familias con dano cerebral adquirido, e ofrecerase todo o abano de recursos de atención dispoñibles.
Apoio institucional e solidario
Todas as sesións informativas contan co apoio de cada un dos concellos nos que van ter lugar. Algunhas delas teñen, ademais, respaldo da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, como se indicou en cada caso.
Ademais, Dano Cerebral Galicia conta para esta actividade co financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, que se organiza grazas ás persoas que marcan ‘X Solidaria’ na súa declaración da renda.