- Ámbito
- Culleredo
- Data
Dano Cerebral A Coruña ADACECO organizou a súa tradicional sardiñada para persoas usuarias, familiares e profesionais.
O Centro Cívico O Noso Lar de Culleredo acolleu este ano a tradicional sardiñada de Dano Cerebral A Coruña ADACECO.
Un ano máis, persoas con dano cerebral adquirido, familiares e profesionais da entidade xuntáronse para darlle a benvida ao verán nunha xornada de convivencia que reuniu música en directo, gastronomía e un ambiente inclusivo e festivo.
Dano Cerebral A Coruña ADACECO contou co apoio do Concello de Culleredo e dunha chea de persoas, entidades e empresas que colaboraron cedendo espazos, produtos ou actividades que enriqueceron a festa e o baile.