- Ámbito
- Galicia
- Data
A colaboración coa Asociación de Enfermería esténdese aos centros de saúde, onde se vai informar para a prevención do ictus.
Dano Cerebral Galicia e a Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC) damos un novo paso na nosa alianza para a prevención do ictus e a promoción da saúde coa organización dos 'Recunchos cerebrosaudables'.
Trátase dunha iniciativa de sensibilización centrada nos principais factores de risco do que é a principal causa do dano cerebral adquirido. Profesionais da enfermería -da AGEFEC- e do traballo social -de Dano Cerebral Galicia- ofrecerán información e tamén a posibilidade de controlar os devanditos factores de risco mediante probas sinxelas: medición da presión arterial, análise de azucre en sangue, Índice de Masa Corporal...).
A información estará centrada, como di o nome da iniciativa, en hábitos saudables para o coidado do cerebro, e baseada nos materiais informativos elaborados este ano por parte das dúas entidades e presentados na Xornada de prevención no Día Mundial do Ictus.
Polo momento, Dano Cerebral Galicia e AGEFEC programan tres sesións:
- Centro de Saúde do Milladoiro (Ames)
Mércores 10/12/2025 de 13:00 a 15:00 (co apoio dunha traballadora social de Dano Cerebral Santiago de Compostela)
- Centro de Saúde de Silleda
Xoves 11/12/2025 de 10:30 a 12:00
- Centro de Saúde de Vite (Santiago de Compostela)
Martes 16/12/2025 de 10:00 a 12:00