- Ámbito
- Galicia
- Data
Nova colaboración con Consumer por Leticia Vila Posada, directora de Dano Cerebral Galicia, e Teresa Pérez Peleteiro, logopeda de Doral Residencias.
Maio dá continuidade á liña aberta de colaboracións con outros organismos para a redacción dos artigos que cada dous meses publicamos na revista dixital Consumer.
Desta volta colabora connosco Doral Residencias a través da súa logopeda, Teresa Pérez Peleteiro, quen asina xunto con Leticia Vila Posada, directora de Dano Cerebral Galicia, o texto 'Cando a atención precisa cambiar: o reto do dano cerebral nas residencias'.
Baseado na nosa investigación, e na colaboración prestada por Doral para a execución da mesma, así como acollendo a formación que lles propuxemos, traza camiños a través dos que se pode desenvolver unha mellor atención ás persoas con dano cerebral adquirido.
Arquivo de colaboracións
Iniciada en 2021, a colaboración de Dano Cerebral Galicia con Eroski para a publicación de artigos en Consumer conta xa cun amplo arquivo de traballos. Todos eles están dispoñibles para consultar a continuación:
- Traumatismos cranioencefálicos: unha banda deseñada amosa a importancia de previlos. Carla Miranda, traballadora social e responsable de Proxectos de Dano Cerebral Galicia,e Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias -organismo do que depende o 112- (marzo 2026).
- Cóidate: o 90% dos casos de ictus pódese previr. Noelia Rivadas, de Dano Cerebral Galicia, e Eduardo Coto, de AGEFEC (xaneiro 2026).
- Dano cerebral adquirido: cando a vida cambia, pero non se detén. Tatiana Estévez Pereira, educadora social, e Cristina Álvarez Romero, psicóloga sanitaria de DCA Ourense (novembro 2025).
- Vida independente, un dereito tamén nas residencias para as persoas con dano cerebral. Sabina Gómez Gómez, directora da Residencia Terapéutica de Alento (setembro 2025).
- A participación social como parte imprescindible na atención a persoas con dano cerebral. Laura Rodríguez González, educadora social de Dano Cerebral Lugo (xullo 2025).
- 'Eu decido': Dano Cerebral Santiago de Compostela actúa. Mónica Serrano Soto, coordinadora do Servizo de Atención Diúrna terapéutica de Dano Cerebral Santiago de Compostela, traballadora social e educadora social (maio 2025).
- Rehabilitación neurológica con espacios personalizados de realidad virtual. Inés Cortés Cabeza, terapeuta ocupacional de Dano Cerebral A Coruña ADACECO (marzo 2025).
- 'Modelos de vida independente para as persoas con dano cerebral adquirido'. Noelia Rivadas López, logopeda e técnica de Formación de Dano Cerebral Galicia (xaneiro 2025).
- 'Historia(s) do dano cerebral adquirido'. Leticia Vila Posada, psicóloga e directora de Dano Cerebral Galicia (novembro 2024).
- Asistencia persoal, un recurso para recuperar o proxecto de vida das persoas con dano cerebral. Tania Losada Figueroa, educadora social de Dano Cerebral Galicia (setembro 2024).
- Medidas que garanten a accesibilidade cognitiva. Noelia Rivadas López, logopeda de Dano Cerebral Galicia, e Rocío García Calvo, psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela (xullo 2024).
- A importancia de coidarse para poder coidar. Leticia Vila Posada, psicóloga e técnica de Formación de Dano Cerebral Galicia (maio 2024).
- Consecuencias na alimentación, deglutición e nutrición tralo dano cerebral adquirido. Noelia Rivadas López, logopeda de Dano Cerebral Galicia (marzo 2024).
- Ocio inclusivo para persoas con dano cerebral adquirido. Carla Miranda Iglesias, traballadora social da Federación (xaneiro 2024).
- Rede de Cidadanía Activa, unha plataforma de participación para persoas con DCA. Carla Miranda Iglesias e Sara Alonso Rodríguez, traballadora social e responsable de comunicación da Federación (novembro 2023).
- A asesoría xurídica de FEGADACE: un mecanismo contra a discriminación. Miguel Vieito Villar e Carla Miranda Iglesias, avogado experto en dereito antidiscriminatorio e traballadora social da Federación (setembro 2023).
- A sexualidade das persoas con dano cerebral adquirido. Leticia Vila Posada e Laura Ramírez Ramos, técnica de formación de Dano Cerebral Galicia e psicóloga, sexóloga e directora técnica de Alento (xullo 2023)
- A Asistencia Persoal, chave para a autodeterminación das persoas con DCA. Marta García, Inés Mosquera, Alba Gómez e Noelia Rivadas, terapeutas ocupacionais e logopedas de Dano Cerebral Galicia no 'Proxecto Rumbo:cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva' (maio 2023).
- Ciclo de charlas de FEGADACE: la información sobre el daño cerebral adquirido sale de las ciudades. Carla Miranda Iglesias e Leticia Vila Posada, traballadora social e técnica de formación de Dano Cerebral Galicia (marzo 2023).
- Obxectivo: vida independente tralo dano cerebral adquirido. Begoña Hermida Val, de Dano Cerebral Galicia (xaneiro 2023).
- Como é unha residencia para persoas con dano cerebral adquirido. Laura Ramírez Ramos, de Alento (novembro 2022).
- A importancia da familia na rehabilitación do dano cerebral adquirido. Elisa López Fernández, Iria Abel Parga e Pablo Freire Portelaz, de ADACE Lugo (setembro 2022).
- Dano cerebral adquirido: que xestións facer e como acceder aos recursos. Eugenia Veloso Osuna, Olalla Domínguez Díaz e Laura Segade Fernández, de Sarela (xullo 2022).
- Rehabilitación no dano cerebral adquirido, quo opcións hai e en que consisten?. Inés Cortés, Rebeca Yebra, María Penas, Lara Bermejo, Alejandro Belo e Beatriz Prada, de ADACECO (maio 2022).
- Como previr o dano cerebral adquirido: atención e control dos seus factores de risco. José Antonio Fernández Delgado, educador social de DCA-Ourense (marzo 2022).
- Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco. Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento (xaneiro 2022).
- 10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras. Elisa López Fernández, neuropsicóloga de ADACE Lugo (novembro 2021).