- Ámbito
- Lugo
- Data
As persoas participantes na Carreira e Andaina #PoloDanoCerebral poden optar a calquera dos tres agasallos só por inscribirse.
Só por inscribirse na 5ª Carreira e Andaina Solidaria Camiñando #PoloDanoCerebral, as persoas participantes van recibir unha camiseta técnica conmemorativa da proba e unha rifa coa que poderán participar nos sorteos que terán lugar durante o acto de entrega de trofeos.
Dano Cerebral Galicia e Dano Cerebral Lugo recibiron tres fantásticas doazóns polas que paga a pena correr o camiñar o domingo 10 de maio: dúas camisetas asinadas polos xogadores do Breogán e do Lugo, e un lote de Cafés Candelas.
O Club de Baloncesto Breogán achegou unha camiseta asinada por todos os seus xogadores. O mesmo co Club Deportivo Lugo. Pola súa banda, Candelas achegou un lote composto por unha bolsa cunha taza e un surtido de cafés, incluídos en gran e descafeinados.
Dano Cerebral Galicia agradece a estes e á totalidade de patrocinadores a súa implicación na Carreira e Andaina #PoloDanoCerebral. Lembra, inscrición aquí.