- Ámbito
- A Coruña
- Data
A asociación coruñesa edita unha recomendación cada mércores a través das súas redes sociais.
A Asociación de Dano Cerebral da Coruña, ADACECO, leva desde outono publicando, cada mércores, unha recomendación para tratar con respecto ás persoas con dano cerebral. Baixo o nome de 'MicroConsejoDCA', a entidade coruñesa leva detectadas máis de dez situacións habituais coas que se atopa unha persoa con DCA por causa das barreiras arquitectónicas e sociais.
"Non me apures. Pode que agora precise máis tempo", "Déixame facer as cousas que si podo", "Non me fales como se fora unha nena", "Fai unha entrada accesible para todas/os" ou "Se aparcas enriba da beirarrúa vou ter máis dificultades para pasar" son algunhas das ideas que, expresadas en primeira persoa, tratan de facer á sociedade máis consciente dos obstáculos cos que se atopan as persoas con dano cerebral.
Os microconsellos apelan á empatía, pero tratan tamén de visibilizar aquelas situacións das que a sociedade, e mesmo a familia, non se decata, pero que tamén incomodan e forman parte das persoas con DCA.
ADACECO publica semanalmente un 'MicroConsejoDCA'; pódense ver nas súas contas de Facebook e de Twitter.