- Ámbito
- Ourense
- Data
Recursos de terapia ocupacional para reforzar a coordinación dos dous brazos e entre o ollo e a man.
A coordinación dos membros superiores pode verse afectada trala chegada do dano cerebral adquirido. Por iso, no servizo de terapia ocupacional de DCA Ourense traballan para mellorala con actividades dinámicas empregando pelotas de tenis.
Con este tipo de exercicios estimúlase a coordinación bimanual, a coordinación entre o ollo e a man, e a velocidade de reacción. Ademais, trátase dunha actividade divertida e gratificante para a persoa con dano cerebral.
Así se pode ver no seguinte vídeo: