- Ámbito
- Santiago de Compostela
- Data
Organizada polo grupo de investigación Ictus Traslacional (TREAT), do IDIS, vai ter lugar o 12 de outubro en Santiago de Compostela.
"Únete á nosa carreira solidaria para que o ictus non arruíne os soños de ninguén": esta é a chamada do grupo de investigación Ictus Traslacional (TREAT) e do club deportivo Aromon Pontevedra, que organizan en Santiago a II Carreira de Orientación Solidaria polo Ictus, coa que chaman a colaborar con Dano Cerebral Galicia.
A proba deportiva é totalmente aberta a persoas con ou sen experiencia, de calquera idade -nenas e nenos incluídos-, e pódese participar en equipos. Conta con 250 prazas dispoñibles. A cita é o domingo 12 de outubro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. A saída está fixada para as 10:30 h.
A inscrición é de balde, e a organización chama a "achegar o teu gran de area polo ictus" realizando unha doazón a Dano Cerebral Galicia, a través do formulario online de doazón ou do bizum 09280. O prazo de inscrición finaliza ás 00:00 do domingo 28 de setembro, ou antes se se completan as 250 prazas. Pode tramitarse nesta ligazón da web da Federación Galega de Orientación (FEGADO).
| Inscrición | Formulario de inscrición |
| Doazón | Fai unha doazón a Dano Cerebral Galicia |
| Regulamento | Descarga aquí |
Treat: universidade e sanidade investigan o ictus
O grupo de investigación de Ictus Traslacional (TREAT) pertence ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), un organismo no que van de mans dadas a Universidade de Santiago de Compostela e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago cos obxectivos de promover e fomentar a investigación e o coñecemento para a mellora da saúde da poboación.
TREAT conta entre as súas liñas de investigación coa do ictus con perspectiva traslacional, traballando a prol de diferentes maneiras de previlo e de tratalo, e organiza esta carreira en colaboración co Club Aromon de Pontevedra para sensibilizar sobre esta doenza e unha das súas repercusións: o dano cerebral adquirido.
A proba deportiva conta ademais coa colaboración da Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Federación Galega de Orientación (FEGADO) e Concello de Santiago de Compostela.
Regulamento e inscrición
A inscrición inclúe unha camiseta conmemorativa, tamén gratuíta. Con ela a organización tamén achega ás persoas participantes o material necesario: mapa e chip electrónico, así como avituallamento sólido e líquido.
Hai tres categorías:
- Iniciación Curta (2-3 km): Nenas e nenos con ou sen acompañantes adultos/as
- Iniciación Longa (4-5 km): Adultos/as sen experiencia en orientación
- Avanzado (5-6 km): Federados/as en orientación o adultos/as con experiencia
Participando óptase a premios para os/as tres primeiros/as clasificados/as das tres categorías, e aos sorteos finais, que inclúen produtos locais, xantares e ceas, packs de cosmética... A información completa atópase no regulamento, que se pode descargar aquí.
A organización pon a disposición das persoas interesadas un enderezo de correo (treat.group.all@gmail.com) e un teléfono (678 874 473) para calquera dúbida coa inscrición ou coa carreira.