- Ámbito
- Santiago de Compostela
- Data
A nova colaboración da Federación coa publicación dixital Eroski Consumer expón os beneficios do servizo de asistencia persoal como instrumento para promover a autonomía persoal, a vida independente e a participación social das persoas con discapacidade.
Con este fin, o artigo describe os obxectivos e resultados acadados coa posta en marcha dunha experiencia piloto desde a Federación no marco do Proxecto Rumbo.
O texto, enmarcado na colaboración bimestral que Dano Cerebral Galicia mantén coa publicación dixital, foi elaborado por Tania Losada Figueroa, educadora social da Federación, e pode consultarse na seguinte ligazón: https://www.consumer.es/salud/asistencia-personal-recurso-para-recuperar-proyecto-vida-personas-dano-cerebral.
A continuación, a relación completa de colaboracións publicadas ata o momento:
- Medidas que garanten a accesibilidade cognitiva. Noelia Rivadas López, logopeda de Dano Cerebral Galicia, e Rocío García Calvo, psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela (xullo 2024).
- A importancia de coidarse para poder coidar. Leticia Vila Posada, psicóloga e técnica de Formación de Dano Cerebral Galicia (maio 2024).
- Consecuencias na alimentación, deglutición e nutrición tralo dano cerebral adquirido. Noelia Rivadas López, logopeda de Dano Cerebral Galicia (marzo 2024).
- Ocio inclusivo para persoas con dano cerebral adquirido. Carla Miranda Iglesias, traballadora social da Federación (xaneiro 2024).
- Rede de Cidadanía Activa, unha plataforma de participación para persoas con DCA. Carla Miranda Iglesias e Sara Alonso Rodríguez, traballadora social e responsable de comunicación da Federación (novembro 2023).
- A asesoría xurídica de FEGADACE: un mecanismo contra a discriminación. Miguel Vieito Villar e Carla Miranda Iglesias, avogado experto en dereito antidiscriminatorio e traballadora social da Federación (setembro 2023).
- A sexualidade das persoas con dano cerebral adquirido. Leticia Vila Posada e Laura Ramírez Ramos, técnica de formación de Dano Cerebral Galicia e psicóloga, sexóloga e directora técnica de Alento (xullo 2023)
- A Asistencia Persoal, chave para a autodeterminación das persoas con DCA. Marta García, Inés Mosquera, Alba Gómez e Noelia Rivadas, terapeutas ocupacionais e logopedas de Dano Cerebral Galicia no 'Proxecto Rumbo:cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva' (maio 2023).
- Ciclo de charlas de FEGADACE: la información sobre el daño cerebral adquirido sale de las ciudades. Carla Miranda Iglesias e Leticia Vila Posada, traballadora social e técnica de formación de Dano Cerebral Galicia (marzo 2023).
- Obxectivo: vida independente tralo dano cerebral adquirido. Begoña Hermida Val, de Dano Cerebral Galicia (xaneiro 2023).
- Como é unha residencia para persoas con dano cerebral adquirido. Laura Ramírez Ramos, de Alento (novembro 2022).
- A importancia da familia na rehabilitación do dano cerebral adquirido. Elisa López Fernández, Iria Abel Parga e Pablo Freire Portelaz, de ADACE Lugo (setembro 2022).
- Dano cerebral adquirido: que xestións facer e como acceder aos recursos. Eugenia Veloso Osuna, Olalla Domínguez Díaz e Laura Segade Fernández, de Sarela (xullo 2022).
- Rehabilitación no dano cerebral adquirido, quo opcións hai e en que consisten?. Inés Cortés, Rebeca Yebra, María Penas, Lara Bermejo, Alejandro Belo e Beatriz Prada, de ADACECO (maio 2022).
- Como previr o dano cerebral adquirido: atención e control dos seus factores de risco. José Antonio Fernández Delgado, educador social de DCA-Ourense (marzo 2022).
- Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco. Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento (xaneiro 2022).
- 10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras. Elisa López Fernández, neuropsicóloga de ADACE Lugo (novembro 2021).