- Data
O novo artigo en Eroski Consumer aborda o labor deste servizo gratuíto para persoas con dano cerebral.
A nova publicación de FEGADACE en Eroski Consumer aborda o servizo de asesoría xurídica que, desde 2022, a Federación ofrece de forma gratuíta a persoas con DCA e as súas familias. O texto, enmarcado na colaboración bimensual coa revista da Fundación Eroski, aborda o labor deste instrumento para compensar as dificultades que adoitan enfrentar as persoas con discapacidade cando precisan acceder á xustiza e, por tanto, á defensa dos seus dereitos.
Asinado por Miguel Vieito Villar, avogado experto en dereito anti-discriminatorio e colaborador no servizo de asesoría xurídica, e Carla Miranda Iglesias, traballadora social da Federación, o artigo tamén explica os requisitos para poder acceder a este mecanismo e ofrece un pequeno resumo da tipoloxía de consultas recibidas.
O texto pódese ler na seguinte ligazón:
Asesoría xurídica para as persoas con dano cerebral, un mecanismo de loita contra a discriminación. Miguel Vieito Villar e Carla Miranda Iglesias (setembro 2023).
A continuación, a relación completa de colaboracións publicadas ata o momento:
A sexualidade das persoas con dano cerebral adquirido. Leticia Vila Posada e Laura Ramírez Ramos, técnica de formación de FEGADACE e psicóloga, sexóloga e directora técnica de Alento (xullo 2023).
A Asistencia Persoal, chave para a autodeterminación das persoas con DCA. Marta García, Inés Mosquera, Alba Gómez e Noelia Rivadas, terapeutas ocupacionais e logopedas de FEGADACE no "Proxecto Rumbo:cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva" (maio 2023).Ciclo de charlas de FEGADACE: la información sobre el daño cerebral adquirido sale de las ciudades. Carla Miranda Iglesias e Leticia Vila Posada, traballadora social e técnica de formación de FEGADACE (marzo 2023).Obxectivo: vida independente tralo dano cerebral adquirido. Begoña Hermida Val, de FEGADACE (xaneiro 2023).Como é unha residencia para persoas con dano cerebral adquirido. Laura Ramírez Ramos, de Alento (novembro 2022).A importancia da familia na rehabilitación do dano cerebral adquirido. Elisa López Fernández, Iria Abel Parga e Pablo Freire Portelaz, de ADACE Lugo (setembro 2022).Dano cerebral adquirido: que xestións facer e como acceder aos recursos. Eugenia Veloso Osuna, Olalla Domínguez Díaz e Laura Segade Fernández, de Sarela (xullo 2022).Rehabilitación no dano cerebral adquirido, quo opcións hai e en que consisten?. Inés Cortés, Rebeca Yebra, María Penas, Lara Bermejo, Alejandro Belo e Beatriz Prada, de ADACECO (maio 2022).Como previr o dano cerebral adquirido: atención e control dos seus factores de risco. José Antonio Fernández Delgado, educador social de Renacer (marzo 2022).Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco. Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento (xaneiro 2022).10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras. Elisa López Fernández, neuropsicóloga de ADACE Lugo (novembro 2021).