- Ámbito
- Galicia
- Data
Recursos para a detección e prevención no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
En 1999 a Organización das Nacións Unidas aprobou a declaración do 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Definiuse a violencia contra as mulleres como "Todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas, a coerción ou a prohibición arbitraria da liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na vida privada".
As mulleres e nenas con discapacidade atópanse nunha situación de especial vulnerabilidade; é por iso que se fai especialmente importante garantir que poidan acceder a materiais de prevención e detección como os que seguen:
Manifesto do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller 2024 publicado pola Fundación CERMI Mulleres: 'Por un futuro libre de violencia contra todas as mulleres e nenas'.
'Guía de recursos fronte á violencia de xénero en Galicia' da Xunta de Galicia
Pormi. Trátase dunha aplicación promovida pola Fundación CERMI Mujeres que serve para identificar e coñecer a violencia machista e para acceder a recursos para fuxir da mesma. Permite, entre outros, denunciar, e é totalmente accesible, sempre que se conte cun smartphone.
Claves para a prevención da violencia de xénero contra as mulleres con discapacidade. Este apartado da web de Plena Inclusión, escrito en lectura fácil, informa sobre como facilitar o acceso á prevención e recursos contra a violencia machista do Proxecto Response.
Teléfono 016: é o número que facilita a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero para as vítimas. Ademais de ser gratuíto e confidencial, atende 24 horas en 53 idiomas e é accesible para persoas con discapacidade auditiva ou da fala e persoas con baixa visión.
- Teléfono 016
- SVIsual: http://www.svisual.org
- Telesor: https://www.telesor.es
- WhatsApp: 600 000 016(este número solo admite WhatsApp, no admite llamadas de teléfono)
- Chat online: violenciagenero.igualdad.gob.es
- Correo electrónico: 016-online@igualdad.gob.es
- DTS o teléfono de texto: 900 116 016
- Apps para teléfonos móviles
Informción da Organización das Nacións Unidas sobre o Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.