- Ámbito
- Vilagarcía de Arousa
- Data
A terceira edición da Travesía a Nado que organizamos con Arousaman e co Concello de Vilagarcía marcou a consolidación desta proba.
Consulta aquí a galería de imaxes completa |
Ata 130 nadadores e nadadoras, na compaña de kaiaks e outras embarcacións de seguridade, mergulláronse o sábado, 11 de xullo, na Praia do Preguntoiro, en Vilaxoán, marcando un fito de participación e a consolidación da Travesía a Nado Polo Dano Cerebral na súa terceira edición.
Organizada en colaboración con Arousaman - Arousawoman, co Concello de Vilagarcía de Arousa e coa Fundación de Deportes municipal, a Travesía a Nado contou con 13 persoas con dano cerebral adquirido. Todas elas foron quen de culminar o seu percorrido, nun éxito que remata meses de adestramentos en piscina e tamén en augas abertas.
Esta proba deportiva é un exemplo de exercicio de dereitos: á participación, á inclusión social, ao goce do ocio en espazos non segregados. É totalmente aberta e inclusiva, pois participan persoas con dano cerebral adquirido, con outras discapacidades, ou sen discapacidade ningunha, e proporciónanse os apoios que poidan ser precisos en función da persoa e das súas necesidades grazas ao voluntariado de Arousaman - Arousawoman.
A seguir poden verse algunhas imaxes da Travesía. Hai máis fotografías na ligazón do inicio da noticia.




