- Ámbito
- A Coruña
- Fecha
Terapeutas de Dano Cerebral Galicia e da asocición local achegarán a perspectiva dende o 3º Sector ao alumnado de Ciencias da Saúde.
A colaboración de Dano Cerebral Galicia con UDC Saudable inclúe diferentes accións de formación e información dirixidas á totalidade da comunidade educativa da Universidade da Coruña.
Nesta ocasión, e en colaboración tamén con Dano Cerebral A Coruña, organizamos unha sesión titulada 'O dano cerebral adquirido: innovacións na abordaxe ocupacional dende o Terceiro Sector', que está pensada principalmente para o alumnado de Ciencias da Saúde, e de Terapia Ocupacional en particular.
Serán precisamente dúas terapeutas ocupacionais, Inés Mosquera Costa, da Federación, e Marta Carracedo Vázquez, da asociación coruñesa, as que trasladen ás persoas asistentes o modelo de atención ao dano cerebral adquirido que se desprega desde as nosas entidades, centrándose na súa área profesional e na comparativa con outras perspectivas, como o exercicio no sector público ou no privado.
A cita, enmarcada no XII Outubro Saudable de UDC Saudable, será o vindeiro 13 de outubro, de 12:30 a 14:00, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Saúde da UDC.